Aínda que xa pasaron uns días, non nos esquecemos da nosa celebración do día da Paz a finais de xaneiro e por suposto que tiña que ter un oco no noso blog.
Dende a biblioteca de primaria, a profesora Rebeca contounos un conto titulado " El grito de la grulla" onde se fai referencia a unha lenda xaponesa que conta que a quen faga mil grullas de papel, concederáselle un desexo.
Hai xa moito tempo, unha nena de Hiroshima, ferida gravemente na guerra, comezou a facer grullas de papel para poder conseguir o desexo de curarse pero, desgraciadamente, faleceu antes de conseguir ese número.
Dende o cole, este ano, queremos axudar a esa nena a conseguir esas mil grullas de papel e que non sufra ninguén máis por mor de ningunha guerra, así que puxémonos mans á obra. A verdade é que non as contamos pero poderIamos estar preto dese número!!!!!
Dende aquí dámoslle as grazas á profe Rebeca por contarnos a lenda e sobre todo por ter tanta paciencia con nós e coa papiroflexia. ¡¡¡¡Moitas gracias Rebeca!!!!
Deixámosvos cunhas fotos para que compartades tamén o noso traballo. Agardamos que vos gusten.
jueves, 17 de febrero de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



0 comentarios:
Publicar un comentario