Mostrando entradas con la etiqueta OS NOSOS LINKS FAVORITOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OS NOSOS LINKS FAVORITOS. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de diciembre de 2012

0

XA CHEGA O NADAL!!!!



Xa falta pouco para que chegue o Nadal e seguramente estaredes dándolle voltas e máis voltas aos agasallos deste ano. Dende o clube kirico e dende a biblioteca queremos recomendarvos que o voso agasallo deste ano sexa un libro.
Aquí vos deixamos un enlace á guía de lectura que nos ofrece o clube Kirico por si aínda estades algo despistados decidindo cal é o libro ideal para regalar.
GUÍA DE LECTURA CLUB KIRICO


miércoles, 13 de abril de 2011

0

EL SECRETO

Esta semana tivemos unha sesión diferente de animación á lectura. Na Biblioteca de Primaria proxectamos o conto "El secreto" que vos deixamos a continuación. Foi moi divertido porque a música vai cambiando conforme a árbore vai crecendo. Ao final rematamos facendo unha escenificación do conto e tódolos nenos e nenas de Educación Infantil convertímonos en árbores que ían crecendo coa música ata chegar ao máis alto, case tocando o ceo, foi moi divertido.
Aquí vos deixamos o video do conto coa música por se queredes escenificalo na casa e amosarlle aos vosos papás e mamás como pode chegar a crecer unha árbore.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

0

A vaca Connie

Hoxe os nenos de 5 e 3 anos visitamos de novo a Biblio e a mestra Montse tiña agochada unha nova sorpresa, un conto interactivo da vaca Connie.
A vaca Connie estaba buscando un animal moi especial que se ilumina durante a noite e tivemos que axudarlle a buscalo. Ó final do conto atopamos o animal e descubrimos o fermosos que poden ser os VAGALUMES pola noite. Aquí vos deixo o link para que poidades volver a visitar á vaca Connie dende as vosas casas. Ademáis, nesa páxina poderedes atopar algo máis que contos, hai xogos e un montón de actividades para pasalo ben, que vos divirtades!!!!!!
http://www.lavacaconnie.com/