Hoxe os nenos de 5 e 3 anos visitamos de novo a Biblio e a mestra Montse tiña agochada unha nova sorpresa, un conto interactivo da vaca Connie.
A vaca Connie estaba buscando un animal moi especial que se ilumina durante a noite e tivemos que axudarlle a buscalo. Ó final do conto atopamos o animal e descubrimos o fermosos que poden ser os VAGALUMES pola noite. Aquí vos deixo o link para que poidades volver a visitar á vaca Connie dende as vosas casas. Ademáis, nesa páxina poderedes atopar algo máis que contos, hai xogos e un montón de actividades para pasalo ben, que vos divirtades!!!!!!
http://www.lavacaconnie.com/
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



0 comentarios:
Publicar un comentario