0

ATOPAR UN LIBRO NA BIBLIOTECA

Hola a todos os usuarios da nosa biblioteca. Se vides pola biblio, poderedes observar que os libros están organizados dun xeito diferente ao de antes. Aquí vos deixamos unha breve explicación que vos axudará moito á hora de atopar un libro na biblio e un plano da mesma para que vos orientedes mellor.
De tódolos xeitos, se non atopades o que buscades, sempre haberá algunha profe na biblio á que lle poderedes comentar tódalas dúbidas que se vos presenten.

Como podedes ver no plano, á dereita da biblioteca poderedes atopar os libros de lectura para alumnos/as de 2º e 3º Ciclo. Están ordenados alfabéticamente e divididos en lingua castelá ou lingua galega. A estantería máis alta, situada no centro da ringleira, separa estas dúas seccións. Nesta estantería poderedes atopar comics para tódalas idades e algúns libros de poesía, teatro...etc.

Xusto á dereita da pizarra, poderedes atopar unha estantería cunha morea de álbumes ilustrados de tódolos tipos e tamaños recomendados para o 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. Non os deixedes pasar porque hai algúns exemplares que son verdadeiramente fantásticos!!!.

No curruncho da esquerda, xusto ao lado da pizzarra, podereder atopar os libros adicados á etapa de educación infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria. Temos unha estantería alí adicada aos álbumes ilustrados para nenos/as desas idades. O resto dos libros están ordenados alfabeticamente agás algunhas coleccións que teñen un lugar reservado nas estanterías coma as dos Bolechas ou as de Violeta Monreal entre outras.

A estantería máis baixa que separa o curruncho de infantil do resto da biblioteca está adicado aos contos clásicos. Alí poderedes atopar unha morea de contos moi coñecidos por todos e que, algunha que outra vez, vale a pena revisar.

A derradeira sección da biblioteca está na zona da esquerda, xusto ao lado da mesa de empréstitos e devolucións. Esta sección é a de consulta e aquí, os libros están organizados por materias, por exemplo, o corpo humano, animais, música, plástica, materiais, prantas...etc. Cada unha delas terá un número diferente pero para facelo máis doado, só tedes que botarlle un ollo ás etiquetas pegadas nas estanterías. Cada etiqueta ten o nome da materia sobre os libros desa estantería.

Se tedes un minutiño, deberiades botarlle un ollo tamén ao noso expositor de novidades xa que, ademáis de poder ver as novidades que van chegando á biblioteca, tamén atoparedes libros relacionados coa época do ano na que estamos ou as festividades que se están a celebrar nese momento.

Parece un pouco difícil pero todo é que veñades a facernos unha visita por primeira vez, xa veredes que todo resulta moitísimo máis sinxelo:))))