martes, 27 de octubre de 2015

0

BENVIDOS DE NOVO!!!!

Despois dun longo tempo inactivo, o noso blogue arrinca de novo con moita enerxía e moitas ganas de amosarvos todo o que vai acontecendo na nosa pequena biblioteca.
Este luns abrimos as nosas portas e xa comezamos co servizo de préstamo para os lectores/as de Educación Primaria e Infantil.
Achegádevos á Biblioteca, un mundo de aventuras agarda detrás de cada libro!!!!!

lunes, 10 de junio de 2013

0

A PERSOA MISTERIOSA DESTE ANO É.....

Xa se desvelou o misterio!!!!!. O concurso para o día do libro deste ano chegou ao seu fin e xa sabemos a identidade da persoa que se agochaba tralas pistas que vos dimos.

A persoa misteriosa deste ano é........ ANTOINE DE SAINT-EXUPERY, autor do Principiño.
Noraboa aos gañadores, seredes premiados cun marca páxinas en 3D para acompañarvos nas vosas novas lecturas e preparádevos de novo, o ano que vén haberá unha nova persoa misteriosa disposta a ser descuberta!!!!!.

Aquí vos deixamos un enlace por se queredes saber algo máis deste autor. Agardamos que vos gustase este novo xogo de investigación.


martes, 23 de abril de 2013

0

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE NARÓN

Co gallo da celebración do día do libro e coincidindo co 10º aniversario do edificio da Biblioteca Pública de narón, este martes 23 de abril contaredes cun espectáculo xenial da man de Pedro Brandariz (www.pedrobrandariz.com).
O espectáculo titúlase "Contos e outras andrómenas" e terá lugar na mesma Biblioteca de 18:00 a 19:00 horas. Animádevos a pasar un rato diferente e divertido!!!






Como nova información, de hoxe en diante, contaredes no noso blog cun enlace directo ao blog da Biblioteca Pública para que teñades información de primeira man do que se coce ali e de todas as actividades que nos propoñen. Poderedes acceder ao mesmo na columna da dereita, no apartado de páxinas amigas.


0

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!



Hoxe é 23 de abril e dende a Biblioteca de Infantil e Primaria do CPI do Feal queremos desexarvos unha vida chea de aventuras e experiencias extraordinarias a través dos libros. Atrévete a abrir un libro....¿qué aventura se agochará detrás da seguinte páxina??

Rebeca e Montse

viernes, 12 de abril de 2013

0

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Coa chegada da primavera, a nosa biblioteca énchese de novas lecturas. Aquí vos deixamos un resumo do máis noviño que poderedes atopar estes días. Agardamos que vos guste!!!!

Un bo día, a nosa Cebra Camila perdeu as súas raias. Cómo conseguirá traelas de volta???


A nosa amiga toupiña levantouse unha mañá cunha cousa moi rara na cabeza. Dende ese momento non para de buscar quén lle puido facer aquel desastre....



A vaca protagonista deste conto está un pouco triste porque non se sinte especial, todas as vacas saben facer algo menos ela. Como está tan triste, as súas amigas galiñas deciden axudala. Cómo poderán axudar á súa amiga???


Unha pandilla de animais están intrigados en saber a qué saberá a lúa. Conseguirán chegar ata ela??? A qué saberá???



A mosca chosca que vivía no bosque decidiu facer unha casa para estar máis quentiña. Unha vez feita, á casa comezan a chegar tódolos amigos da mosca para celebralo. Cantos amigos visitarán á mosca Chosca???



Bieito estaba triste, había un montónd e cousas que o preocupaban. Todo o mundo quería axudarlle. Un bo día, a súa avoa deulle a solución: Coñeces os bonecos Sacapenas?? Ao mellor tamén poden axudarte a ti.

lunes, 18 de marzo de 2013

0

NORABOA AOS GAÑADORES!!!!


Despois de darlle moitas voltas, por fin temos gañadores do concurso de declaracións de amor do Feal. Este año pusestes o nivel moi alto e foinos moi difícil decidir que traballos merecían o galardón pero aquí están os gañadores. A entrega de premios será a última semana antes das vacacións, seredes avisados con antelación para que preparedes as vosas mellores galas. Moitas gracias a tod@s por participar!!!! Sodes xeniales!!!!

EDUCACIÓN INFANTIL

1º PREMIO: Gabriel Feal Carneiro -Aula 4 anos-

2º PREMIO: Leontine Diatta -Aula 4 anos-

3º PREMIO: Adriana Álvarez Lama -Aula 3 anos-


CATEGORÍA POESÍA

1º PREMIO: Nerea Muíño Díaz - Aula 5ºA-

2º PREMIO: Pedro Díaz González - Aula 6ºA-
3º PREMIO: Antía Rodríguez Pita -Aula 5ºA-


CATEGORÍA CARTA

1º PREMIO: Alba Fachal Durán -Aula 5ºB-

2º PREMIO: Sara Paredes Bascoy- Aula 3ºA-

3º PREMIO: Vera Álvarez López- Aula 5ºB-

CATEGORÍA DEBUXO

1º PREMIO: Lara Beceiro Díaz- Aula 5ºA-

2º PREMIO: Marcos Domínguez Alonso- Aula 1ºB-

3º PREMIO: Alba Fernández Doce -Aula 4ºB-


Tódolos traballos premiados estarán expostos no taboleiro da biblioteca de primaria. Se alguén está interesado en recoller o seu traballo para gardalo ou entregarllo á persoa elexida, poderá recollelo na Biblioteca de Primaria durante a semana que vén.
Non queremos despedirnos sen facer unha mención especial á nai de Adrián e Yago Pico González que nos sorprendeu coa súa dedicatoria. Teremos en conta esta iniciativa para incorporar unha nova categoría nos vindeiros anos. Moitísimas gracias por participar!!!!

jueves, 7 de febrero de 2013

0

CONTACONTOS

Coñecedes á Cebra Camila?? Pois o vindeiro xoves 14 de febreiro ás 17:30 na Biblioteca Pública Municipal da Gándara, poderedes asistir a un contacontos para os máis pequenos sobre este libro (nenos e nenas de entre 2 e 5 anos). Non pode faltar ninguén!!!!!



Lembrade:

XOVES 14 DE FEBREIRO
HORA: 17:30
LUGAR: BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DA GÁNDARA (CASA DA MOCIDADE)
RESERVA DE PRAZAS: NA BIBLIOTECA PÚBLICA DO ALTO OU DA GÁNDARA.
IDADES: NENOS E NENAS DE ENTRE 2 E 5 ANOS.