jueves, 10 de febrero de 2011

0

¡¡¡¡I CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR!!!!



Aproveitando o día da Candelaria, día no que "casan os paxaros" e o día de San Valentín neste mes de Febreiro, dende a biblioteca, animámosvos a participar no 1º Concurso de Declaracións de Amor.
Poderán participar tódolos/as alumnos/as que así o desexen e terán tres formatos a elexir:
- Unha carta de amor en tamaño folio.
- Unha poesía relacionada co tema.
- Un debuxo relacionado co tema do concurso.
Valoraremos a presentación, a creatividade, a orde e a pulcritude dos traballos presentados e entregaremos un primeiro premio por categoría par secundaria, outro para primaria e outro para infantil.
Os traballos introduciranse no buzón destinado ao concurso na entrada do centro. Terán que ir nun sobre pechado co nome e curso. Se asinades cun pseudónimo, teredes que meter dentro do sobre un papeliño co voso nome real e curso para saber a quén dirixirnos se o voso traballo sae premiado.

A semana do 21 ao 25 de febreiro publicaremos os traballos premiados, así que xa sabedes, poñede as vosas mentes e o voso corazón a traballar; dende a biblioteca agardamos as vosas declaracións.

0 comentarios:

Publicar un comentario