martes, 27 de octubre de 2015

0

BENVIDOS DE NOVO!!!!

Despois dun longo tempo inactivo, o noso blogue arrinca de novo con moita enerxía e moitas ganas de amosarvos todo o que vai acontecendo na nosa pequena biblioteca.
Este luns abrimos as nosas portas e xa comezamos co servizo de préstamo para os lectores/as de Educación Primaria e Infantil.
Achegádevos á Biblioteca, un mundo de aventuras agarda detrás de cada libro!!!!!

lunes, 10 de junio de 2013

0

A PERSOA MISTERIOSA DESTE ANO É.....

Xa se desvelou o misterio!!!!!. O concurso para o día do libro deste ano chegou ao seu fin e xa sabemos a identidade da persoa que se agochaba tralas pistas que vos dimos.

A persoa misteriosa deste ano é........ ANTOINE DE SAINT-EXUPERY, autor do Principiño.
Noraboa aos gañadores, seredes premiados cun marca páxinas en 3D para acompañarvos nas vosas novas lecturas e preparádevos de novo, o ano que vén haberá unha nova persoa misteriosa disposta a ser descuberta!!!!!.

Aquí vos deixamos un enlace por se queredes saber algo máis deste autor. Agardamos que vos gustase este novo xogo de investigación.


martes, 23 de abril de 2013

0

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE NARÓN

Co gallo da celebración do día do libro e coincidindo co 10º aniversario do edificio da Biblioteca Pública de narón, este martes 23 de abril contaredes cun espectáculo xenial da man de Pedro Brandariz (www.pedrobrandariz.com).
O espectáculo titúlase "Contos e outras andrómenas" e terá lugar na mesma Biblioteca de 18:00 a 19:00 horas. Animádevos a pasar un rato diferente e divertido!!!






Como nova información, de hoxe en diante, contaredes no noso blog cun enlace directo ao blog da Biblioteca Pública para que teñades información de primeira man do que se coce ali e de todas as actividades que nos propoñen. Poderedes acceder ao mesmo na columna da dereita, no apartado de páxinas amigas.


0

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!



Hoxe é 23 de abril e dende a Biblioteca de Infantil e Primaria do CPI do Feal queremos desexarvos unha vida chea de aventuras e experiencias extraordinarias a través dos libros. Atrévete a abrir un libro....¿qué aventura se agochará detrás da seguinte páxina??

Rebeca e Montse

viernes, 12 de abril de 2013

0

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Coa chegada da primavera, a nosa biblioteca énchese de novas lecturas. Aquí vos deixamos un resumo do máis noviño que poderedes atopar estes días. Agardamos que vos guste!!!!

Un bo día, a nosa Cebra Camila perdeu as súas raias. Cómo conseguirá traelas de volta???


A nosa amiga toupiña levantouse unha mañá cunha cousa moi rara na cabeza. Dende ese momento non para de buscar quén lle puido facer aquel desastre....



A vaca protagonista deste conto está un pouco triste porque non se sinte especial, todas as vacas saben facer algo menos ela. Como está tan triste, as súas amigas galiñas deciden axudala. Cómo poderán axudar á súa amiga???


Unha pandilla de animais están intrigados en saber a qué saberá a lúa. Conseguirán chegar ata ela??? A qué saberá???



A mosca chosca que vivía no bosque decidiu facer unha casa para estar máis quentiña. Unha vez feita, á casa comezan a chegar tódolos amigos da mosca para celebralo. Cantos amigos visitarán á mosca Chosca???



Bieito estaba triste, había un montónd e cousas que o preocupaban. Todo o mundo quería axudarlle. Un bo día, a súa avoa deulle a solución: Coñeces os bonecos Sacapenas?? Ao mellor tamén poden axudarte a ti.

lunes, 18 de marzo de 2013

0

NORABOA AOS GAÑADORES!!!!


Despois de darlle moitas voltas, por fin temos gañadores do concurso de declaracións de amor do Feal. Este año pusestes o nivel moi alto e foinos moi difícil decidir que traballos merecían o galardón pero aquí están os gañadores. A entrega de premios será a última semana antes das vacacións, seredes avisados con antelación para que preparedes as vosas mellores galas. Moitas gracias a tod@s por participar!!!! Sodes xeniales!!!!

EDUCACIÓN INFANTIL

1º PREMIO: Gabriel Feal Carneiro -Aula 4 anos-

2º PREMIO: Leontine Diatta -Aula 4 anos-

3º PREMIO: Adriana Álvarez Lama -Aula 3 anos-


CATEGORÍA POESÍA

1º PREMIO: Nerea Muíño Díaz - Aula 5ºA-

2º PREMIO: Pedro Díaz González - Aula 6ºA-
3º PREMIO: Antía Rodríguez Pita -Aula 5ºA-


CATEGORÍA CARTA

1º PREMIO: Alba Fachal Durán -Aula 5ºB-

2º PREMIO: Sara Paredes Bascoy- Aula 3ºA-

3º PREMIO: Vera Álvarez López- Aula 5ºB-

CATEGORÍA DEBUXO

1º PREMIO: Lara Beceiro Díaz- Aula 5ºA-

2º PREMIO: Marcos Domínguez Alonso- Aula 1ºB-

3º PREMIO: Alba Fernández Doce -Aula 4ºB-


Tódolos traballos premiados estarán expostos no taboleiro da biblioteca de primaria. Se alguén está interesado en recoller o seu traballo para gardalo ou entregarllo á persoa elexida, poderá recollelo na Biblioteca de Primaria durante a semana que vén.
Non queremos despedirnos sen facer unha mención especial á nai de Adrián e Yago Pico González que nos sorprendeu coa súa dedicatoria. Teremos en conta esta iniciativa para incorporar unha nova categoría nos vindeiros anos. Moitísimas gracias por participar!!!!

jueves, 7 de febrero de 2013

0

CONTACONTOS

Coñecedes á Cebra Camila?? Pois o vindeiro xoves 14 de febreiro ás 17:30 na Biblioteca Pública Municipal da Gándara, poderedes asistir a un contacontos para os máis pequenos sobre este libro (nenos e nenas de entre 2 e 5 anos). Non pode faltar ninguén!!!!!



Lembrade:

XOVES 14 DE FEBREIRO
HORA: 17:30
LUGAR: BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DA GÁNDARA (CASA DA MOCIDADE)
RESERVA DE PRAZAS: NA BIBLIOTECA PÚBLICA DO ALTO OU DA GÁNDARA.
IDADES: NENOS E NENAS DE ENTRE 2 E 5 ANOS.

0

AMPLIAMOS O PRAZO!!!


Esta semana estamos a toda mecha co Entroido e mañá comezan xa as vacacións, así que dende as bibliotecas do centro decidimos ampliar o prazo de presentación de traballos para o III certame de declaracións de amor deste ano.
Polo tanto, a furna estará dispoñible para recibir os traballos ata o vindeiro venres 22 de febreiro. Non pode quedar ninguén sen participar!!!!!

lunes, 4 de febrero de 2013

0

DÍA DA PAZ

Xa voltamos das vacacións de Nadal e agora tocaba celebrar o día da Paz. No cole baixamos todos ao patio cuberto e cantamos a canción "Seguiremos" de Macaco. Foi todo moi bonito, a letra da canción podían escoitarse en cada recuncho do edificio.


Aquí vos deixamos un enlace á páxina do cole onde poderedes ver a nosa celebración do día da Paz, o día non acompañou moito pero aínda así fixemos honor á canción elexida e "seguimos" coa celebración no patio cuberto.
0

DECLÁRATE!!!


Co mes de febreiro chega o Entroido e, este ano, con el chega o noso III CERTAME DE DECLARACIÓNS DE AMOR.

As bases son ben sinxelas, poderedes participar todos, hai tres categorías para elexir:
- Un debuxo sobre o tema.
- Unha carta declarando o voso amor por esa persoa tan especial.
- Un poema de amor que faga derretir os corazóns máis xeados.

Haberá tres premios por categoría. Os voso traballos terán que entregarse en sobre pechado cos vosos nomes e apelidos ben visibles na furna que atoparedes na porta principal.

Como sabemos que estaredes moi ocupados nesta semana de Entroido, o prazo para a presentación das declaracións rematará á volta das vacacións de Entroido, o venres 15 de febreiro. Agardamos os vosos traballos!!!!

lunes, 10 de diciembre de 2012

0

XA CHEGA O NADAL!!!!



Xa falta pouco para que chegue o Nadal e seguramente estaredes dándolle voltas e máis voltas aos agasallos deste ano. Dende o clube kirico e dende a biblioteca queremos recomendarvos que o voso agasallo deste ano sexa un libro.
Aquí vos deixamos un enlace á guía de lectura que nos ofrece o clube Kirico por si aínda estades algo despistados decidindo cal é o libro ideal para regalar.
GUÍA DE LECTURA CLUB KIRICO


jueves, 22 de noviembre de 2012

0

MOCHILAS VIAXEIRAS



Arrancan de novo a mochilas viaxeiras!!!!. Dende onte xa contades con unha en cada aula e, en breve, comezaredes a levalas para as vosas casas. Agardamos que vos guste todo o que preparamos para vós e para as vosas familias. É moi importante que coidedes o material, tede en conta que tódolos nenos e nenas da vosa clase teñen dereito a disfrutar de todo o contido completo da mochila.
Xunto con todo o material, tamén vos proporcionamos unhas direccións de correo para que poidades expoñer as vosas opinións. Calquera suxerencia será ben recibida.
Ben, agora xa só queda abrir a mochila e...disfrutar!!!!

viernes, 26 de octubre de 2012

0

TEMPO DE SAMAÍN


Chegou o outono á nosa biblioteca e con él o tempo do Samaín. No expositor de novidades tedes unha gran variedade de exemplares terroríficos para estas datas. Atréveste a levalos????









martes, 23 de octubre de 2012

0

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE NARÓN



A celebración do Samaín está a piques de comezar e, dende a Biblioteca Pública de Narón, chegóunos o aviso de que teñen preparada unha sesión de contacontos para o vindeiro sábado 3 de novembro ás 11 da mañá.
A sesión está enfocada para nenos/as de entre 4 e 9 anos, a súa temática estará relacionada co Samaín e incluirá un obradoiro de morcegos decorativos.
Eu de vós non perdía esta oportunidade. Alí nos vemos!!!!!

domingo, 21 de octubre de 2012

0

PREMIO PARA KALANDRAKA!!!

Unha das nosas editoriais favoritas recibiu o premio nacional este mes de outubro pola súa labor editorial. Era de esperar desta coñecida editorial con ilustracións orixinais e con textos moi coidados. Non sería doado elexir un título como favorito porque cada un dos exemplares desta editorial apórtanos algo novo e suxerente. Noraboa Kalandraka!!!!! Estamos á espera de novos títulos!!!!.

Aquí vos deixamos algúns dos títulos de Kalandraka dos que podedes disfrutar na nosa biblioteca ou levalo para a vosa casa en préstamo e compartilo coa vosa familia.



jueves, 20 de septiembre de 2012

3

VOLTA AO COLE!!!!




Xa remataron as vacacións e no cole do Feal xa estamos preparados para un novo curso. A biblioteca tamén está preparada para a vosa visita con novas sorpresas. Non deixedes de visitarnos!!!!

miércoles, 18 de abril de 2012

0

LIBROS CON PEGADA


O vindeiro 23 de abril celébrase o día do libro, e non podía faltar a nosa celebración dende a biblioteca.
Os amantes dos libros, sempre temos un libro especial que nos encanta ler e volver a ler co paso do tempo, son libros que deixan pegada en nós.
Durante a semana do 23 de abril, queremos construír dende a biblioteca un camiño con todos esos libros que deixaron unha pegada especial en vós, así que propoñemos que debuxedes as pegadas dos vosos pés en cartulina e que as decoredes cos materiais e as ilustracións que vós queirades. A única condición será que nunha das pegadas apareza o título e o autor do voso libro favorito e na outra unha imaxe, ilustración ou un debuxo feito por vós do mesmo.
A partires do luns 23 de abril, podedes deixar a vosas pegadas na biblioteca e dende alí partirá o noso camiño de libros con pegada que recorrerá a zona de primaria e infantil.

Agora tan só falta que vos poñades mans (e pés) á obra!!!!!

viernes, 16 de marzo de 2012

0

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Dende o día 4 de marzo e ata o día 31 do mesmo mes podedes visitar o salón do libro infantil e xuvenil situado no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este ano está adicado ao tema das supersticións e á súa presenza na tradición oral e na literatura contemporánea.
O autor homenaxeado este ano é o lucense Paco Martín, autor de obras tan coñecidas como Das Cousas De Ramón Lamote ou Historias Para Ler á Noite.
De seguro que nós visitarémolo sen falta, e vós? Non podedes deixar pasar esta oportunidade!!!!

Aquí vos deixo un link á páxina web do salón do libro infantil e xuvenil por se queredes máis información sobre o mesmo:

0

PULGARCITA

Efectivamente, e como moitos de vos adiviñastes, o conto silencioso da semana pasada era o de Pulgarcita. Esta semana, durante as sesións de animación lectora no ciclo de Infantil, recordamo-lo conto en video. Aquí vos deixamos un enlace por se o queredes volver a ver nas vosas casas coas vosas familias. O conto está dividido en tres partes, este é o primeiro vídeo:



Esta é a segunda parte do conto:



E aquí vos deixamos o final , agardamos que vos guste moito e que o disfrutedes:


martes, 6 de marzo de 2012

0

XA TEMOS GAÑADORES!!!!!

Despois dun debate moi longo por fin xa temos gañadores deste II certame de declaracións de amor do CPI do Feal. Este ano tivemos traballos moi bos e costounos elexir aos gañadores pero só podían gañar tres por categoría así que felicidades aos premiados e non deixedes de intentalo!!!!

CATEGORÍA INFANTIL

3 ANOS:
Víctor Carballeira Pedre
Naiara Formoso Romero

4 ANOS:
Ainhoa Campos Aneiros
Iker Rufrancos Rodríguez

5 ANOS:
Nerea Trigo Salgado
Uxía Froiz Blanco


CATEGORÍA DIBUJO

1º PREMIO 
Alejandro López Matuzczak

2º PREMIO
Sergio Vila Babío 1ºB

3º PREMIO
Samuel Senra Fernández 1ºB


CATEGORÍA CARTA

1º PREMIO:
Lara Ramos Vázquez 4ºB

 2º PREMIO:
Gael Saavedra Pinho 2ºB

 3º PREMIO:
 Alba Fachal Durán 4ºB


 CATEGORÍA POESÍA

 1º PREMIO:
 Raúl Hermida Ramos 6ºA

2ºPREMIO
Alicia Santos Lago 6ºB

3º PREMIO
Noa Barro Calvo 6ºA