miércoles, 18 de abril de 2012

0

LIBROS CON PEGADA


O vindeiro 23 de abril celébrase o día do libro, e non podía faltar a nosa celebración dende a biblioteca.
Os amantes dos libros, sempre temos un libro especial que nos encanta ler e volver a ler co paso do tempo, son libros que deixan pegada en nós.
Durante a semana do 23 de abril, queremos construír dende a biblioteca un camiño con todos esos libros que deixaron unha pegada especial en vós, así que propoñemos que debuxedes as pegadas dos vosos pés en cartulina e que as decoredes cos materiais e as ilustracións que vós queirades. A única condición será que nunha das pegadas apareza o título e o autor do voso libro favorito e na outra unha imaxe, ilustración ou un debuxo feito por vós do mesmo.
A partires do luns 23 de abril, podedes deixar a vosas pegadas na biblioteca e dende alí partirá o noso camiño de libros con pegada que recorrerá a zona de primaria e infantil.

Agora tan só falta que vos poñades mans (e pés) á obra!!!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario