viernes, 2 de marzo de 2012

0

COMEZAMOS COA ANIMACIÓN Á LECTURA

"Vale máis tarde que nunca" dí o refrán e nós, atendendo a esta frase, e despois dun gran traballo interno de catalogación e organización da nos biblioteca, comezamos por fin as sesións de animación á lectura en educación infantil.

Esta semana tivemos unha primeira toma de contacto coa nova biblioteca aprendendo onde localizar os libros que nos interesan e algúns aspectos relevantes en canto ao seu funcionamento.

A semana que vén comezaremos forte cunha das novidades que temos na Biblio e que particularmente nos encanta polas súas ilustracións, polo seu formato e polas múltiples actividades que se poden facer con él. Estamos a falar do exemplar de CUENTOS SILENCIOSOS ilustrado por Benjamin Lacombe que forma parte das nosas novidades.

Se facedes click no título deste conto, poderedes ver unha presentación do mesmo para o seu lanzamento a finais do ano pasado. Aproveitade cada segundo do vídeo porque é unha xoia. Agardamos que vos encante e vos guste tanto ou máis que a nós.

A BIBLIOTECA.

0 comentarios:

Publicar un comentario