lunes, 21 de noviembre de 2011

0

ESTAMOS EN OBRAS!!!




Xa está rematando case o primeiro trimestre e a Biblioteca de Educación Infantil e Primaria segue pechada ao público.
O segredo que ocultamos dentro é unha nova organización da biblio con recunchos novos e moitas novidades en canto ao seu uso. Aínda que pareza que a Biblio non se move, ten moita actividade, temos moitas novidades, libros fantásticos que non tardaredes en ver, revistas, dvd's e unhas paredes novas que vos encantarán.

Estamos xa apurando os últimos retoques para poder abrila á volta das vacacións de Nadal así que preparádevos para a gran sorpresa. Por certo, a nosa mascota do ovo misterioso está a puntiño de nacer......

0 comentarios:

Publicar un comentario