O trimestre está a piques de rematar e facendo balance do mesmo, temos pendentes algunhas publicacións que, aínda que con retraso, sabemos que serán do voso interese.
Comezamos co entroido, que celebramos no noso cole coa chegada do mes de Marzo. Este ano estaba adicado ao mundo das tribos e tivemos a sorte de contar con catro tribos espectaculares, os indios (educación infantil), os innuit (primeiro ciclo de Educación Primaria), as tribos do deserto (segundo ciclo de Educación Primaria) e os massai (terceiro ciclo de Educación Primaria).
Dende a biblioteca de Primaria queremos agradecer a tódolos alumnos/as que participaron con tanta ilusión no Entroido, así como aos mestres que adicaron horas e horas para que todo estivese espectacular. Tamén ás familias por participar e vir a ver tódolos nosos traballos e ás monitoras do taller de cociña das actividades extraescolares (as comidas eran verdadeiras obras de arte). Sodes todos uns artistas!!!!!.
Aquí vos deixamos unha pequeña mostra do voso traballo, moitas gracias a tod@s!!!!
miércoles, 13 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)





0 comentarios:
Publicar un comentario