miércoles, 13 de abril de 2011

0

¡¡¡¡¡¡CHEGOU A PRIMAVERA!!!!!!

Na Biblioteca de Primaria estamos moi ledos porque xa hai unhas semanas que está con nós a primavera.
Por este motivo, andamos a contar un montón de contos sobre todo o que acontece coa súa chegada. A semana pasada, a mestra Rebeca contounos un conto moi divertido sobre un home, Don Luis, que non tivo toda a paciencia que se necesita para esperar a que a flor máis bonita do mundo brotase da terra e perdeu a súa oportunidade de vela en todo o seu esplendor. O conto títulase "Todavía nada" e a todo o mundo lle gustou moito.



Outro conto que nos encantou foi "La Mariquita Aventurera". É un libro moi divertido porque inclúe unha xoaniña de xoguete coa que podemos percorrer as súas páxinas e acompañala na súa viaxe de volta á casa polo xardín.

0 comentarios:

Publicar un comentario