jueves, 7 de febrero de 2013

0

AMPLIAMOS O PRAZO!!!


Esta semana estamos a toda mecha co Entroido e mañá comezan xa as vacacións, así que dende as bibliotecas do centro decidimos ampliar o prazo de presentación de traballos para o III certame de declaracións de amor deste ano.
Polo tanto, a furna estará dispoñible para recibir os traballos ata o vindeiro venres 22 de febreiro. Non pode quedar ninguén sen participar!!!!!

lunes, 4 de febrero de 2013

0

DÍA DA PAZ

Xa voltamos das vacacións de Nadal e agora tocaba celebrar o día da Paz. No cole baixamos todos ao patio cuberto e cantamos a canción "Seguiremos" de Macaco. Foi todo moi bonito, a letra da canción podían escoitarse en cada recuncho do edificio.


Aquí vos deixamos un enlace á páxina do cole onde poderedes ver a nosa celebración do día da Paz, o día non acompañou moito pero aínda así fixemos honor á canción elexida e "seguimos" coa celebración no patio cuberto.
0

DECLÁRATE!!!


Co mes de febreiro chega o Entroido e, este ano, con el chega o noso III CERTAME DE DECLARACIÓNS DE AMOR.

As bases son ben sinxelas, poderedes participar todos, hai tres categorías para elexir:
- Un debuxo sobre o tema.
- Unha carta declarando o voso amor por esa persoa tan especial.
- Un poema de amor que faga derretir os corazóns máis xeados.

Haberá tres premios por categoría. Os voso traballos terán que entregarse en sobre pechado cos vosos nomes e apelidos ben visibles na furna que atoparedes na porta principal.

Como sabemos que estaredes moi ocupados nesta semana de Entroido, o prazo para a presentación das declaracións rematará á volta das vacacións de Entroido, o venres 15 de febreiro. Agardamos os vosos traballos!!!!

lunes, 10 de diciembre de 2012

0

XA CHEGA O NADAL!!!!



Xa falta pouco para que chegue o Nadal e seguramente estaredes dándolle voltas e máis voltas aos agasallos deste ano. Dende o clube kirico e dende a biblioteca queremos recomendarvos que o voso agasallo deste ano sexa un libro.
Aquí vos deixamos un enlace á guía de lectura que nos ofrece o clube Kirico por si aínda estades algo despistados decidindo cal é o libro ideal para regalar.
GUÍA DE LECTURA CLUB KIRICO


jueves, 22 de noviembre de 2012

0

MOCHILAS VIAXEIRAS



Arrancan de novo a mochilas viaxeiras!!!!. Dende onte xa contades con unha en cada aula e, en breve, comezaredes a levalas para as vosas casas. Agardamos que vos guste todo o que preparamos para vós e para as vosas familias. É moi importante que coidedes o material, tede en conta que tódolos nenos e nenas da vosa clase teñen dereito a disfrutar de todo o contido completo da mochila.
Xunto con todo o material, tamén vos proporcionamos unhas direccións de correo para que poidades expoñer as vosas opinións. Calquera suxerencia será ben recibida.
Ben, agora xa só queda abrir a mochila e...disfrutar!!!!

viernes, 26 de octubre de 2012

0

TEMPO DE SAMAÍN


Chegou o outono á nosa biblioteca e con él o tempo do Samaín. No expositor de novidades tedes unha gran variedade de exemplares terroríficos para estas datas. Atréveste a levalos????









martes, 23 de octubre de 2012

0

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE NARÓN



A celebración do Samaín está a piques de comezar e, dende a Biblioteca Pública de Narón, chegóunos o aviso de que teñen preparada unha sesión de contacontos para o vindeiro sábado 3 de novembro ás 11 da mañá.
A sesión está enfocada para nenos/as de entre 4 e 9 anos, a súa temática estará relacionada co Samaín e incluirá un obradoiro de morcegos decorativos.
Eu de vós non perdía esta oportunidade. Alí nos vemos!!!!!